Tratamentos
Os nosos procedimentos están vinculados ao uso do Láser dental
Na nosa clínica dispós dun tratamento integral para o coidado da saúde bucal de todos os da casa. A incorporación do LÁSER como medio terapéutico marca unha gran difencia cos tratamentos clásicos, ademais de EVITAR DOR, PICADAS E ACURTAR OS TEMPOS DE CURACIÓN.
CLÍNICA CERTIFICADA POR SOCIEDADES ESPAÑOLAS E INTERNACIONAIS
LÁSER DE TECIDOS DUROS E BRANDOS
FOTOBIOMODULACION & LLLT
Odontología de adultos
Odontología de niños y pacientes con necesidades especiales
Odontología geriatrica y medicamente comprometida
Láser Dental
Estamos certificados e acreditados na realización dunha odontoloxía Láser, a nosa ampla formación sitúanos como a clínica de referencia para a realización de todo tipo de tratamentos Láser.
Dispoñemos dos equipos de Láser dental máis actualizasdos e punteiros, sendo unha das clínicas mellor equipadas do territorio nacional para a realización dunha odontoloxía Láser de calidade, podendo ofrecer aos nosos pacientes tratamentos innovadores, sen agullas nin anestesicos. Todo isto nos situa na mellor clínca para o tratamento de pacientes de alto risco médico, pacientes especiais, fobias, pacientes pediatricos…
Tratamento de lesión mucosa tipo Penfigoide en fases de TRATAMENTO LÁSER, Primeira sesion, segunda e terceira de curación.Unha sesión por semana. TRATAMENTO AS TRES SEMANS
Odontopediatría
A visita do neno ao dentista é moi importante e xeralmente a que lembrará o resto da sua vida.É moi importante o seguimento da erupción dentaria así como unha boa saúde dental para manter un correcto desenrolo.A utilización do Láser elimina o medo porque non hai picadas nin ruídos, facendo da estancia no consultorio un mero tramite.
Endodoncia Rotatoria
O tratamento de condutos radiculares ou endodoncia mecanizada consiste na preparación e instrumentación dos condutos con limas dun só uso e de gran elasticidade, que permiten chegar mellor a todas as partes e dificultades dos condutos, conseguindo mellores resultados clínicos e de confort para o paciente.
Ortodoncia
Atención a todas as idades, ampla experiencia en adultos. Dende os brakets convencionais de metal ou estéticos ata a planificacion dixital e realizacion de férulas de ortodoncia invisible con certificación Invisaling e Spark. Asistencia no tratamento con Láser para acurtar tempos de tratamento e diminuír as incomodidades que puidesen xurdir.
Ciruxía Oral
As intervencións máis comúns na nosa clínica son:
- Extracción de moas do xuízo.
- Legrado de quistes e bultomas.
- Extracción de dentes incluídos e reposicionamiento para tracción ortodóntica.
- Cirurxía de Frenillos (freenctomia) LÁSER.
- Cirurxía preprotesica.
- Enxertos de óso e colocación de membranas …
Servímonos de tecnoloxía LÁSER ou a utilización de cirurxía ultrasónica, que permite un maior control pos-operatorio, maior respecto a tecidos brandos e seguridade de non danar estruturas vitais importantes como nervios e vasos sanguíneos ademais de conseguir un postoperatorio moi gratificante e indoloro.
Patoloxía ATM -Férulas de relaxación
A patoloxía da articulación Temporoandibular, ATM, é cada vez máis común na nosa sociedade, o seu tratamento e diagnóstico temperán é moi importante para o benestar do paciente e a prevención de procesos dexenerativos. En canto percibamos dor ou chasquidos ao comer ou abrir a boca debemos consultar ao dentista pois estes procesos terminan por xerar unha artrose da articulación que dexenera na destrución do óso e consecuencias fatais para a saúde do paciente. O tratamento do bruxismo e as férulas de relaxación neuromuscular son dispositivos utilizados para o tratamento, a súa confección é dificultosa e debe estar en mans de profesionais especializados.
Prótese
Somos especialistas en todo tipo de prótese, a nosa traxectoria en máis de 25 anos aválanos. Desde as máis modernas coroas de Zirconio onde a estética e naturalidade son o seu maior atractivo ata as próteses completas acrílicas tradicionais dos nosos avós, pasando por portédelas implantosoportadas. Consideramos que tan importante como a reparación da saúde dental está a reposición da función masticatoria e estética. Gústanos construír sorrisos e que estas sexan naturais.
Comética e Restauradora Láser
O Blanqueamiento con Láser, os empastes SEN PICADAS, SEN ANESTESIA…
Desde o máis simple empaste, as caras dentais directas de composite ou indirectas en laboratorio, diamante dental…Queremos para ti a mellor dos sorrisos que poidas lucir, a túa felicidade e satisfacción é a nosa e a mellor tarxeta de presentación
Periodoncia
A enfermidade da enxiva e o tecido que circunda os dentes, maniféstase de distintas formas e graos, desde a máis leve que sería a xenxivite a casos máis graves como a periodontitis na que periga a supervivencia do dente, xeralmente non causan dor, polo que o paciente non ten unha percepción do perigo, ocasionalmente poden aparecer episodios de sangrado ao cepillado e halitosis ou mal cheiro.
Implantes dentais
A mellor alternativa ante a perda de pezas dentais, evitando ter que tocar as pezas adxacentes. ademais este tipo de tratamento axuda a conservar o óso evitando a súa progresiva desaparición. Os implantes non só recuperan unha excelente función masticatoria senón que tamén permiten alcanzar os mellores resultados de confort.